Humilitas

pegado á terra

Declaración de intencións

Humilitas é un proxecto que busca superar a visión de que o ser humano se atopa separado da natureza e é alleo a ela. A través de metáforas visuais e o recoñecemento de patróns comúns trata de recordarnos o noso profundo parentesco co resto de seres vivos, que ao igual que nós, moldean o mundo dacordo coas súas preferencias para facelo menos hostil. Promove así unha mirada disruptiva, non atropocéntrica, desafíando os construtos de dominancia que deron forma á sociedade occidental, e fainos replantexarnos a nosa relación coa natureza.

Unha dose de humildade —máis necesaria que nunca— que toma o seu título dunha palabra latina, que orixinalmente significaba pegado á terra, e de cuxa mesma raíz deriva tamén o concepto de ser “humano”.

Consegue o teu exemplar!


Se queres saber máis ou colaborar, podes escribirme a:

suarezbarronoel@gmail.com